Pages

Friday, July 13, 2012

From Comité de Loita Popular “Manolo Bello”



If anyone can translate this to English please let me know. There is a name posted with this that usually covers Peru. I’m not sure if this is a local dialect or even an Indigenous Language.


Compañeiros e compañeiros, camaradas:
Froito do traballo desenrolado polo noso comité dende a súa fundación no ano 2006, dos debates prantexados na análise da nosa realidade e da loita de dúas liñas a nivel do Movemento Comunista Internacional, na que o Comité de Loita Popular “Manolo Bello ten sido parte activa, e a incorporación de novas e novos camaradas temos tomado os seguintes acordos:

1. Constituír o Comité de Construción do Partido Comunista maoísta –Galiza, organización, a un novo e superior nivel do traballo, para fornecer ao proletariado da Galiza e a súa vangarda dos instrumentos necesarios para levar adiante, dun xeito vitorioso, a Revolución Socialista.

2. Polo mesmo queda disolto o CLP “Manolo Bello”. Rendindo homenaxe ao camarada Manolo Bello Parga, guerrilleiro comunista da Agrupación da Mariña cuxo nome levamos con orgullo , escollimos a data do 11 de Xullo, no 66 aniversario do seu asasinato na cadea da Coruña, para dar por concluído o noso traballo como CLP.

3. O voceiro dixital Loita Popular deixará de publicarse, quedando ao estudo a sua publicación como xornal comunista independente.

Saúdos vermellos:

Comité de Loita Popular “Manolo Bello”
Galiza a 11 de Xullo do 2012

correovermello noticias 
Información de la Revolucion Proletaria Mundial 
saudos vermellos / saludos rojos

No comments:

Post a Comment